2.11.04

A Coruña: Día "L" (I)

A Coruña aprobará hoxe en pleno a coficialidade do 'L'
Francisco Vázquez segue adiante co topónimo en español pese ás ameazas de denuncia da Xunta
maré\Santiago

Pallasos e bufóns, convocados pola Mesa pola Normalización Lingüística converterán ás nove desta mañá a Praza de María Pita nunha metáfora do que media hora despois sucederá no Salón de Plenos do Concello coruñés. O alcalde, Francisco Vázquez materializará hoxe o seu desafío á legalidade sometendo a votación a cooficialidade o topónimo en castelán da cidade. En contra do criterio da Xunta e de varios colectivos, pero apoiándose na Lei de grandes cidades, o documento que prevé aprobar a maioría absoluta socialista no municipio converterá en válida a forma 'La Coruña' cando se fale en español e manterá 'A Coruña' en galego.

Desde que a semana pasada Vázquez anunciara a iniciativa, diversas organizacións sociais, así como o BNG e un grupo de profesores da Universidade da Coruña, criticaron as intencións do rexedor por entender que o único topónimo que recoñece a lei e que por tanto debe usarse é o termo galego 'A Coruña'. Os que se opoñen ao térmo en castelán da cidade lembran que a Lei de Normalización Lingüística obriga ao uso dos topónimos de Galicia en galego, e o Estatuto de Autonomía dálle á Xunta a competencia exclusiva de designar estes términos.

O BNG pediu a retirada desta moción a través do seu grupo municipal, o grupo parlamentario autonómico e o voceiro do Congreso, Francisco Rodríguez. Este asegurou que mantivera unha entrevista co ministro de Administracións Públicas, Jordi Sevilla, na que o obtivo a garantía de que no "ámbito competencial se respectará a lei sobre o único topónimo oficial na cidade'', estremo este que foi desmentido polo Ministerio.

Outras organizacións, como a Confederación Intersindical Galega (CIG) ou a Mesa pola Normalización lembran que existen varias sentenzas contrarias á tese do alcalde da Coruña, tanto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, como do Supremo e do Constitucional. O presidente da Mesa, Carlos Callón, anunciou onte a celebración dun acto simbólico na praza do Concello para protestar contra o "fraude de Lei'' que pretende cometer Vázquez, ao que definiu como "un delincuente con demasiados amigos no poder como para permanecer impune tras dez anos sen cumprir a legalidade''.

'Reflexo do que se vive na rúa'

Coa iniciativa que hoxe leva a pleno, o alcalde encendeu de novo a polémico sobre o topónimo, aínda que segundo argumentou, a Constitución consagra a co-oficialidade do español e do galego e a moción "busca defender o libre uso do castelán e do galego coa mesma paixón e o mesmo amor cara ós dous idiomas''. A moción establece ademais que o libre uso dos dous idiomas debe facerse sen "prelación dun sobre o outro senón como reflexo do que se vive na rúa'', lembrou o alcalde.
No peche das xornadas onte do Galeusca, en Allariz, a Asociación de Escritores en Lingua Galega sumouse ás críticas á moción do alcalde e solicitou á súa retirada para preservar a oficialidade única do topónimo en galego da cidade.
(De Galicia Hoxe, 02/11/04)
(Máis información en La Voz de Galicia ou na páxina da Mesa pola Normalización...
Tamén existen páxinas na rede en defensa do topónimo con "L": La Coruña, en español siempre con "L" e La Coruña, con "L" de libertad)

0 comentario(s):

Publicar un comentario

<< Home