2.11.04

A Coruña: Día "L" (II)

O pleno herculino aproba a cooficialidade de A Coruña e La Coruña
Os socialistas aprobaron en solitario a moción presentada polo alcalde ante a abstención do PP e o rexeitamento do BNG.
(Axencias)
O pleno do Concello da coruña aprobou a moción presentada polo alcalde, Francisco Vázquez, polo que se establece a cooficialidade do topónimo da cidade en castelán e en galego. A iniciativa saiu aprobada co voto a favor do Grupo Socialista, que conta con maioría absoluta na corporación, a abstención do PP e o rexeitamento do BNG. Na sesión plenaria, Francisco Vázquez sostivo que a iniciativa se fai «desde el respeto a la legalidad» e que con ela se pretende «dar respuesta a la realidad social e histórica de la ciudad». Pola súa parte, o voceiro do PP, Fernando Rodríguez Corcoba, explicou que o seu grupo se abstiña por ter dúbidas acerca da legalidade da moción. Non obstante, engadiu que se o PSOE non tivera maioría absoluta e, por conseguinte, foran necesarios os votos doGrupo Popular, o PP apoiaría a iniciativa. Dáse a circunstancia de que os concelleiros do PP acudiron á sesión vestidos con camisetas brancas nas que figuraba a letra «L».
En canto ao voceiro do BNG, Henrique Tello, sinalou que se trataba dunha moción «sen contido político nin ideolóxico», e que coa mesma se buscaba a «crispación social».
Incidentes
En plena sesión, entre o público que estaba presente no salón de plenos un grupo comezou a chamar «franquistas» aos concelleiros do PSOE, o que motivou que o alcalde mandase á Policía Local que os desaloxase e identificase. Entre as nove persoas que integraban o grupo se encontraban a ex deputada autonómica do BNG Pilar García Negro e o secretario comarcal da intersindical CIG, Paulo Carril, así como integrantes da Mesa pola Normalización Lingüística.
(De La Voz de Galicia, 02/11/04)

0 comentario(s):

Publicar un comentario

<< Home